Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro menores feridos nun choque frontal entre un turismo e un camión en Teo

Catro menores feridos nun choque frontal entre un turismo e un camión en Teo

Presentan lesións de diversa consideración 

Arquivo Arquivo
G24.gal 13/08/2026 20:19

Catro menores resultaron feridos na tarde deste xoves nunha colisión dun turismo e un camión en Teo, segundo informou o 112 Galicia.

Todos eles viaxaban no coche e presentan lesións de diversa consideración, pero estiveron conscientes en todo momento, mentres que os condutores de ambos os vehículos resultaron ilesos.

O accidente tivo lugar na AC-241, na parroquia de Reis, pouco antes das 15:00 horas.

O vehículo no que ían os menores chocou de fronte contra un camión tras saírse da vía, tal e como indicaron as persoas que alertaron a emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade