Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o condutor dun camión tras envorcar nunha estrada ao seu paso por Xove

Morre o condutor dun camión tras envorcar nunha estrada ao seu paso por Xove

A situación do vehículo impedía acceder ao interior sen movelo, polo que tivo que operar un guindastre especial

G24.gal 10/08/2026 20:35

O condutor dun camión morreu este luns ao envorcar o seu vehículo na estrada LU-862 ao seu paso por Xove, en Lugo.

Segundo informa o 112 Galicia, a alerta deste accidente activouse cara ás 16:00 horas, cando varios particulares comunicaron que o camión estaba envorcado na cuneta e que non viran saír o condutor.

Os efectivos de rescate e salvamento comprobaron, ao chegar ao lugar do accidente, que a situación do vehículo impedía acceder ao interior sen movelo, polo que requiriron dun guindastre especial.

En canto esta se sumou ao operativo os equipos de emerxencias atoparon morto o condutor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade