Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o lume de Baltar tras queimar case 139 hectáreas e controlados os de Rodeiro

Extinguido o lume de Baltar tras queimar case 139 hectáreas e controlados os de Rodeiro

A maior parte da superficie calcinada no concello ourensan é arboredo

Incendio en Baltar.  EFE/Brais Lorenzo Incendio en Baltar. EFE/Brais Lorenzo
G24.gal 10/08/2026 21:14

O incendio forestal que afectou desde o sábado ao mediodía ao concello de Baltar quedou extinguido este luns, mentres que os dous de Rodeiro están controlados, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

O incendio de Baltar, con orixe na parroquia de Garabelos do Bouzo, deuse por apagado ás 19:42 horas tras queimar unha superficie de 138,82 hectáreas, das cales 82,82 corresponden a arboredo e os 56 restantes a raso.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 15 axentes, 33 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.

Ás 19:50 tamén quedou extinguido un conato rexistrado no municipio ourensán de Calvos de Randín que afectou a unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e que comezou ás 18.17 horas.

Controlados os dous lumes de Rodeiro

En Pontevedra quedou controlado desde minutos antes das 20:00 horas o incendio forestal do municipio de Rodeiro, parroquia de Arnego, que comezou o sábado pola tarde e que afecta a unhas 20 hectáreas.

En similar situación atópase desde o domingo pola noite o da parroquia de Carboentes, no mesmo municipio e tamén con 20 hectáreas calcinadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar