Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declaran controlado o incendio na parroquia de Carboentes, en Rodeiro

G24.gal 10/08/2026 09:09

Medio Rural declarou controlado pouco antes das 23:00 horas deste domingo o incendio rexistrado na parroquia de Carboentes, no concello pontevedrés de Rodeiro, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 20 hectáreas.

No mesmo concello de Rodeiro está estabilizado outro incendio na parroquia de Arnego, que se iniciou o sábado á tarde e que afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas.

Amais, permanece controlado o incendio que se iniciou o sábado á mañá no concello ourensán de Baltar, na parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta a unhas 120 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar