Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio da localidade onubense de Niebla queimou xa oito mi hectáreas

O incendio da localidade onubense de Niebla queimou xa oito mi hectáreas

O salto en hectáreas calcinadas é exponencial, xa que se dobrou desde onte e pasou de 4000 a 8000 en pouco máis de 24 horas

Otros lumes de menor entidade afectan, sobre todo, a Castelló e Castela e León

09/08/2026 14:20

Os incendios seguen castigando varios territorios españois, pero a atención céntrase sobre todo no incendio de Niebla, en Huelva. O vento provocou unha propagación do lume que as autoridades cualificaban esta noite como "espectacular". A nova positiva é que se produciron avances en paralelo na súa contención desde a madruagada, porque se logrou selar a cola do lume.

O salto en hectáreas queimadas en Niebla é chamativo: das 4000 na mañá de onte a 8000 hoxe. O problema principal está en que o vento axuda a unha propagación das lapas a través de faíscas. De feito, iso xerou a aparición de varios focos secundarios e obriga a desprazar constantemente efectivos e maquinaria por seguridade. Hoxe son 500 os profesionais que traballan para extinguilo.

Mentres, en Castelló catro incendios incendios obrigaron ao despregamento de 200 efectivos e 17 medios aéreos. O peor corresponde á zona de Tírig, onde se concentran a maioría dos esforzos. Alí o lume avanza descontrolado e obrigou ao confinamento dunha localidade de 900 habitantes. Ademais, foron desaloxadas un cento de persoas de diferentes masías diseminadas.

En Castela e León hai doce lumes activos. Ningún é moi virulento, pero nesta comunidade estase revivindo o pesadelo do ano pasado canto a número de incendios e xa se igualan practicamente as hectáreas queimadas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade