Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beilás, unha aldea divida pola liña da eclipse

Beilás, unha aldea divida pola liña da eclipse

Parte dos veciños só verán a aclipse ao 99,99 %

O resto poderá ver a eclipse completa e convidan os de Lalín a ir velo alí

G24.gal 09/08/2026 14:38

27 son os concellos galegos polos que pasa a liña divisoria que marca os lugares onde a eclipse será total ou parcial. Achegámonos a Lalín. Na vila, os veciños non quedarán ás escuras totalmente, pero a só dous quilómetros, no lugar de Beilás, si se poderá ver a coroa solar.

Na parroquia de Goiás a veciñanza verá a eclipse total ou parcial desde as súas casas segundo o lugar exacto onde estean. A liña divide Beilás e na aldea os veciños máis afortunados terán catro segundos para ver desaparecer o sol, distinguir as perlas de Baily e apreciar a coroa solar. 

"Desde a nosa casa vaise ver moi ben, como cando estamos aí sentados vendo o sol poñerse. Hai que poñer lentes e cando empece a escurecer e ver desaparecer o sol será un éxito velo".

"Vereino desde a casa, ou aquí arriba na aldea que se pode ver mellor. Sabemos que é unha zona privilexiada para velo".

Do outro lado da aldea quedarán cunha eclipse parcial, do 99,99 %. A diferenza parece pequena, pero á vista vaise notar ben. Por iso a veciñanza dese lado, ao igual ca a de Lalín, hai días que reservaron sitio no altar do sol, en Alperiz.

"Iremos velo ao sitio oficial que propón o Concello para ter a garantía de que se vai ver. Iremos en familia". 

Os veciños de Beilás sentarán coma todas as tardes ver o solpor. Este mércores, algo antes, sabéndose privilexiados de estar do lado da liña que deixa ver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade