Cargando resultados...
Dous incendios forestais no concello de Rodeiro levan queimadas máis de 40 hectáreas
Traballan nos labores de extinción 15 brigadas e 13 medios aéreos
G24.gal
08/08/2026 21:01
Dous incendios forestais permanecen activos desde a tarde do sábado no concello pontevedrés de Rodeiro.
Un deles afecta a parroquia de Arnego. Segundo os últimos datos achegados na tarde do sábado pola Consellería do Medio Rural, a superficie queimada supera as 20 hectáreas.
O outro incendio é o que se declarou na parroquia de Carboentes. Tamén leva calcinadas máis de 20 hectáreas. Nos labores de extinción dos dous lumes traballan quince brigadas e trece medios aéreos.