Activos tres incendios forestais en Galicia, destaca o de Baltar con máis de 95 hectáreas queimadas
Os outros dous incendios activos están no concello pontevedrés de Rodeiro, un na parroquia de Arnedo e o outro na parroquia de Carboentes
Este sábado prenderon catro lumes en Galicia, tres deles continuaban activos ás sete da tarde segundo o comunicado facilitado pola Conselleria de Medio Rural.
O incendio activo máis importante é o que prendeu ás 12:21 horas deste sábado no concello ourensán de Baltar. O lume comezou na parroquia de Garabelos do Bouzo. Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie queimada xa supera as 95 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 7 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.
Imaxe do incendio de Baltar, este sábado
Activos dous incendios no concello de Rodeiro
No concello de Rodeiro están activos dous incendios desde a tarde deste sábado.
Activo o lume na parroqía de Arnego.
Na parroquia de Arnego comezou un incendio forestal ás15,59 horas deste sábado. Este lume segue activo e, segundo as últimas estimacións provisionais de Medio Rural, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 8 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
Incendio no concello de Rodeiro este Sábado
Activo o incendio na parroquia de Carboentes
Está activo desde as 16,03 horas, tamén no concello de Rodeiro, un incendio forestal que afecta á parroquia de Carboentes. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas
Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 1 técnico, 3 axentes, 3 brigadas, 2 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
No lugar das Santas no concello de Rodeiro o lume achegouse as casas do lugar e mesmo queimou algunhas pertenzas e tamén as pacas de trigo nalgunha leira.
Imaxe do concello de Rodeiro este sábado