Cargando resultados...
As cinsas de Fernando Ónega xa repousan en Pol
A familia celebrou unha misa funeral na vila que o viu nacer
Alfonso Rueda acompañou á familia na homenaxe
G24.gal
08/08/2026 21:06
A vila de Pol rendeulle homenaxe ao xornalista lucense Fernando Ónega. A viúva, as fillas e o fillo do xornalista estiveron arroupados por familiares e veciños na misa furenal que se celebrou no lugar de Mosterio.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á homenaxe na que se lembrou o vinculo estreito de Ónega coa localidade que o viu nacer e onde xa repousan a súas cinsas.
Esta despedida chega un día despois de que a cidade de Lugo recoñecese a Fernando Ónega como fillo adoptivo a título postumo.