Os xabarís evidencian a súa presenza cada vez maior en Lugo cunha visita nocturna ao parque
Supoñen un risco en canto a salubridade e seguridade, ademais das perdas que ocasionan cada vez que estragan zonas verdes
O parque de Lugo cumpre coa súa función de proporcionar sombra e relax a todo aquel que se achegue polo entorno, pero recentemente o lugar recibiu a visita de xabarís.
Cada día sorprende menos a presenza dos xabarís.
Estragan o que pisan. Estragado quedou o parque de Lugo tras a visita nocturna dos porcos bravos.
Cada ano, o Concello de Lugo afronta danos ocasionados polo xabaril valorados en cinco mil euros. Preocupa a proliferación de colonias.
A presenza dos porcos bravos na cidade lucense é cada vez máis común. Acoden en busca de comida e de refuxio, de aí que unha das medidas para evitar que se acubillen no entorno de Lugo sexa rozar as fincas.
De aspecto impoñente, os xabarís son animais salvaxes que xeran problemas de salubridade e de seguridade. En Galicia recíbense 5.000 avisos por danos o ano e provocan 11 accidentes de circulación cada día.