Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lonxe de desaparecer, os cadernos de papel conviven coas pantallas dixitais

Lonxe de desaparecer, os cadernos de papel conviven coas pantallas dixitais

Os cadernos de papel viven a súa propia transformación máis aló do dixital

G24.gal 29/09/2026 21:24

Lonxe de desaparecer o papel convive coas ferramentas dixitais.

"Temos clientes que incluso son como habituais das novidades que veñen a ver o novo que hai, o caderno bonito o caderno para agasallo", di Raquel Núñez da Superpapelería.

Lara Blanco de Empaquetando Ando destaca que "o caderno é o indiscutible que máis piden. Hai moito interese no tema de pegar os recordos tanto as etiquetas como, por exemplo, as entradas dos concertos". 

Hai mesmo quen prefire os cadernos ás pantallas.

"Os meus fillos igual ca min. Eles usan caderno todos os días. Hai ue darlle. Eu creo que o que non pasa pola man non pasa polo cerebro".

"Eu no traballo tomo notas de todo, pero para cousas instantáneas. Cando é algo de máis tempo vai no ordenador".

"Intento combinar as novas tecnoloxías, pero para adquirir coñecementos sempre prefiro escribir en papel". 

Lara Blanco de Empaquetando Ando apunta que "na tenda os cadernos que piden moito son os de papeis xaponeses porque son papeis mo iaptos para escribir con plumas porque son finos e ao mesmo tempo non traspasa a tinta ao reverso do papel".

Raquel Núñez de Superpapelería amosa un caderno "cun papel de alta gramaxe e con acabados que teñen ilustracións e con portadas imantadas".     

Os cadernos de papel viven a súa propia transformación máis aló do dixital. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade