Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di que a Xunta non perderá o tempo en nada "que non sexa construír vivendas"

Rueda di que a Xunta non perderá o tempo en nada "que non sexa construír vivendas"

A Xunta entrega 24 novas vivendas de promoción pública en Santiago

Alfonso Rueda asegura que o Goberno galego avanza no seu compromiso de aumentar o parque público

A Xunta di que os decretos do Goberno en vivenda son "intervencionistas" e provocarán unha redución da oferta

Alfonso Rueda e a conselleira de Vivenda (d), na entrega de chaves EFE/Xoán Rey)
G24.gal 29/09/2026 20:52

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou este martes que o Goberno galego non ten pensado afanarse en "ningunha teoría nin ningún dogma" e que non vai perder " o tempo en ningunha outra cousa que non sexa construír vivendas".

Díxoo durante o acto de entrega de chaves aos beneficiarios dos 24 pisos de promoción pública construidos no barrio de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela.

No seu discurso, o xefe do Executivo autonómico avogou por "ir aos poucos" construíndo novos edificios no canto de "dar solucións que nunca se cumpren", sen referirse directamente en ningún momento aos dous decretos en materia de vivenda aprobados hoxe polo Consello de Ministros. 

Alfonso Rueda destaca a aposta do seu Goberno por aumentar a oferta de vivenda e asegura que están avanzando no seu compromiso de duplicar o parque público ata os 8.000 fogares antes de que remate o 2028.

Estas novas vivendas de Santiago, de 1, 2 e 3 dormitorios, son de alugueiro accesible, cunha renda que oscilará entre 117,72 e 224 euros mensuaies. Do total de los pisos entregados este martes, 9 foron adxudicados a menores de 36 anos. No edificio, que incorpora aerotermia e paneis fotovoltaicos na cubierta, investíronse 4,8 millóns de euros (1,1 millóns de fondos europeos).

Esta promoción forma parte do compromiso da Xunta de duplicar o parque público nesta lexislatura e é a segunda entrega de chaves tras as 74 adxudicadas no verán en Pontevedra. Alfonso Rueda reivindicou as medidas do seu Goberno para dar resposta ao problema da vivenda, que é un dos principais para a poboación.

"Hai dúas maneiras de afrontar isto: teorizar, falar moito e dar solucións que nunca se cumpren; ou esta, que a que preferimos nós, que é a de construír pouco a pouco fogares e oportunidades para todo o mundo", afirmou o presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade