A Xunta critica a "improvisación" do Goberno en vivenda e di que o problema é a falta de oferta
O conselleiro da Presidencia critica que o Goberno non os informe do contido duns decretos que afectan competencias que pertencen ás comunidades autonómas
EFE/ Xoán Rey
O conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, cargou este martes contra a "falta de planificación" e a "improvisación" do Goberno en materia de vivenda, unha área en que asegura que o problema é a falta de oferta.
En declaracións aos medios na sede da Xunta, Calvo dixo descoñecer o contido dos decretos aprobados polo Goberno e que negociaron PSOE e Sumar, as dúas formacións políticas no Executivo.
Calvo di que "non deixa de ser curioso" que o Goberno e distintos partidos estean intentando "facer política" cuns decretos que manexan competencias das comunidades autónomas, e que o problema do acceso á vivenda ten moito que ver coa falta de oferta.
O conselleiro defende o compromiso da Xunta en materia de vivenda e lembra que este martes a Xunta entrega 24 vivendas públicas en Santiago de Compostela.
Cuestionado sobre a escasa mobilización de vivenda pública na etapa de Alberto Núñez Feijóo na Xunta, insistiu en que "o ritmo non é o mesmo que hai cinco anos", pero non só en Galicia, senón tamén en Asturias, en Castela-A Mancha, en Cataluña ou en calquera outra comunidade.
Calvo xustificou, ademais, que a Xunta non invitase a Goretti Sanmartín á entrega de chaves desta tarde en Compostela, xa que tamén o Goberno e distintas administracións celebran actos en que non invitan a Xunta.