Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta autoriza a colocación de gaiolas para capturar xabarís en Lugo

A Xunta autoriza a colocación de gaiolas para capturar xabarís en Lugo

O Goberno galego atende así a solicitude do Concello porque na cidade cada vez é máis frecuente que os animais cheguen a zonas verdes urbanas causando estragos e sendo un risco para condutores e peóns

A localización das trampas acordarase entre o persoal municipal e a Unidade de Conservación da Natureza da Xunta. Arquivo. A localización das trampas acordarase entre o persoal municipal e a Unidade de Conservación da Natureza da Xunta. Arquivo.
G24.gal 18/09/2026 15:07

A Xunta de Galicia atendeu a solicitude do Concello de Lugo e autorizou a instalación de gaiolas-trampa para controlar a poboación de xabaríns, onde cada vez é máis frecuente ver a animais desta especie salvaxe que provocan danos en zonas verdes urbanas e son un risco para peóns e condutores.

En concreto, a Consellería de Medio Ambiente dá resposta con esta autorización á solicitude do goberno municipal para aplicar medidas de control “coas que mitigar os efectos que ten para a seguridade das persoas a presenza de exemplares desta especie na contorna urbana e periurbano do concello”, informa a Xunta nun comunicado.

En canto á localización das trampas, acordarase entre o persoal municipal e efectivos da Unidade de Investigación para a Conservación da Natureza da Xunta, co obxectivo de alcanzar a maior efectividade posible. Serán os axente da unidade dependente da Xunta os encargados da instalación, vixilancia e seguimento das trampas, así como de advertir á administración local no momento en que os xabaríns entren nas gaiolas.

Pola súa banda, o Concello de Lugo farase cargo do cebado da gaiola-trampa e do transporte dos exemplares de xabarín capturados ata “o destino da súa xestión, que será determinado por persoal facultativo veterinario, de acordo coa normativa vixente”.

Esta autorización, que estará vixente durante un ano, enmárcase no procedemento impulsado polo goberno galego en 2023 para facilitar as capturas destes animais en lugares concretos de cidades e áreas metropolitanas.

Pola súa banda, o Concello de Lugo precisou mediante un comunicado que o control das poboacións dos xabaríns “require de planificación, coordinación e medidas concretas”.

“Durante anos, os anteriores gobernos que nos precederon non fixeron este traballo e chegamos á situación actual”, precisa.

Ademais da instalación de gaiolas, o Goberno local subliñou que hai semanas que se puxo en marcha a caza de exemplares con seteiros, con varias capturas desde entón.

Ademais, a Deputación de Lugo informou de que a próxima semana comezará a rozar leiras que poden servir de abrigo a greas desta especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade