Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indra contempla ter operativa a planta das Pontes a "curto prazo"

Indra contempla ter operativa a planta das Pontes a "curto prazo"

A planta de vehículos militares xerará entre 70 e 120 empregos directos cualificados

As súa posta en marcha xa se deixa sentir no mercado inmobiliario 

Nestes terreos é onde se vai situar a futura planta de Indra nas Pontes
G24.gal 18/09/2026 13:35

É a noticia que todos agardaban nas Pontes. Indra ultima a posta en marcha da súa nova planta de vehículos militares. Estará operativa a curto prazo, segundo pronosticou o delegado en Galicia da empresa.

E a noticia non deixa indiferente a ninguén. O alcalde, Valentín González, recoñece que se saltaron as bágoas cando lle confirmaron a noticia. Emoción no Concello e unha mestura de escepticismo e ilusión na rúa. "De monento son promesas", lembran moitos veciños. 

Está previsto que xere entre 70 e 120 empregos directos, principlamente perfís técnicos cualificados. Pero as expectativas non quedan aí. Os efectos xa se notan no mercado inmobiliario. Comezan a aparecer investidores da Coruña e Ferrol que mercan vivendas para arranxalas e logo destinalas ao mercado de alugueiro. 

A nova planta custará uns 18 millóns de euros. Nas Pontes integraranse, validaranse e probraranse distintos vehículos militares para as Forzas Armadas. En concreto, vehículos anfibios de combate para a Infanteria de Mariña, os lanzapontes sobre rodas e os sistemas de artillería autopropulsada sobre rodas. 

Para o alcalde unha oportunidade para reforzar o tecido empresarial. A conta atrás xa comezou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade