Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a chuvia a Galicia tras o verán máis seco e caloroso desde 1961

Volve a chuvia a Galicia tras o verán máis seco e caloroso desde 1961

As chuvias deixaranse notar nas provincias da Coruña e Pontevedra, serán escasas no suroeste de Lugo e algo na provincia de Ourense

O verán de 2026 foi o máis seco e caloroso en Galicia desde 1961, o que provocou un rápido declive nas reservas hidricas e está  afectando seriamente o campo

Sindicatos, como Unións Agrarias, falan de perdas de máis de 164 millóns de euros no campo

directo
G24.gal 23/08/2026 10:00

Chegan as primieiras chuvias a Galicia tras o verán máis seco desde 1961. Segundo MeteoGalicia, as previsións son de chuvia moderada que se van notar principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra, escasas no suroeste de Lugo e escasas na provincia de Ourense. Estas chuvias veñen acompañadas dunha baixada drástica de temperaturas, especiamente notables despois dos valores rexistrados todo o verán.

Segundo as previsións de MeteoGalicia, a chuvia vai continuar ao longo de semana e irá evolucionando en dirección leste ata alcanzar tamén as provincias de Lugo e Ourense.

O verán 2026 rachou varias marcas históricas desde que hai rexistros

O verán de 2026 considérase oficialmente o máis cálido e seco rexistrado en España desde que comezaron as medicións en 1961.  
​Segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) para o bimestre de xuño e xullo, este período superou múltiples marcas históricas:

Temperaturas record: A temperatura media situouse en 24,5 °C, superando en 0,7 °C as anteriores marcas de 2022 e 2025, e quedando 2,9 °C por encima da media climática (1991-2020).

​Precipitacións mínimas: É o arranque de verán máis seco da serie histórica, rexistrando só 17 litros por metro cadrado acumulados, por baixo dos mínimos anteriores de 1994 (21 l/m²) e 2005/2016 (27 l/m²).

Impacto hídrico: A falta de choivas e a persistencia de sucesivas ondas de calor provocaron un rápido descenso nas reservas dos encoros ao longo do verán.

Repercusions da calor e da seca da primavera e verán

A primavera e o verán de 2026 rexistraron a etapa máis seca da historia recente en Galicia, provocando un rápido declive nas reservas de auga e afectando seriamente o campo.  Sen embargo foi un ano bo para o turismo. Especialmente porque ao bo tempo este ano engadiuse a eclipse solar. Pero Galicia non está habituada a unha seca tan prolongada e iso tivo repercusións negativas.

Estado dos encoros:  Tras un inicio de ano húmido, a ausencia prolongada de precipitacións no verán deixou á conca de Galicia-Costa baixando velozmente de nivel. En encoros crave como Eiras e Baíña na área de Vigo obrigaron a activar prealertas e restricións de auga (como cortes en regas e baldeos) desde xullo.

Alertas municipais: En agosto, a escaseza hídrica levou a manter a 32 concellos en alerta e máis de 200 en prealerta nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

​Medidas excepcionais: A situación reabriu o debate político e institucional sobre a necesidade de construír novos encoros e explorar captacións subterráneas para reter a auga de inverno antes de que desemboque no mar.  
​Impacto nas colleitas e a agricultura.

​Cultivos de horta e forraxes: A tensión hídrica extrema e as altas temperaturas continuadas aceleraron a perda de humidade no chan, minguando os rendementos da horta atlántica e reducindo o pasto dispoñible para a gandería.

​Sector vitivinícola: Nas denominacións de orixe, como Rías Baixas,  Ribeiro e Ribeira Sacra, a seca e as ondas de calor adiantaron a vendima. Aínda que a maduración do gran presenta boa calidade sanitaria, o tamaño do froito e o volume final de produción víronse significativamente recortados. Agora as chuvias chegan na segunda semana de colleita en lugares como a Ribeira Sacra. Os técnico consideran as chuvias beneficiosas, se non se prolongan no tempo e son mansas.

​Sobrecustos operativos: Moitos gandeiros e agricultores tiveron que recorrer a suplementación alimenticia de emerxencia para o gando e ao uso extraordinario de camiones cisterna para abastecer as explotacións. Sindicatos como Unións Agrarias fala de perdas de máis de 164 millóns de euros. O sindicato basa os cálculos, divulgados este venres pasado, na redución da producción de forraxes, pastos e auga para os cultivos e a alimentación do gando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade