Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sabor dos tomates da horta encandea a produtores e clientela

O sabor dos tomates da horta encandea a produtores e clientela

Os máis apreciados son os que se adaptan mellor ao solo e o clima de cada zona

G24.gal 05/09/2026 14:54 Última actualización 05/09/2026 22:18

Hai moita variedade de tomate, pero o mellor é o que ten o punto de maduración ideal. 

"A función da tomateira é facer sementes e mentres está criándoa inxecta unha toxina e cando esta se retira é cando entran os azúcares, o licopeno. Se o quitas da planta en verde o que levas é materia pero non vai sabor, aromas ou azúcares", explica Edmundo Maseda, agricultor experto en tomates.

É a primeira recomendación que fai este agricultor con case trinta anos de experiencia. Ten dez invernadoiros no Valadouro que producen en ecolóxico. 

"Nós usamos unha caste moi antiga, o Jack, pero hai que deixar que se poñan colorados na planta", indica.

Os consumidores recoñecen a diferenza no sabor. Toda unha ensalada de razóns que converxen no tomate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade