O Pesca 1 rescata un mariñeiro ferido grave a bordo do Armaven Uno a cen millas de Cabo Vilán
Navegaba a bordo do pesqueiro Armaven Uno a unhas 100 millas ao norte de cabo Vilán
O rescate efectuouse en condición extremas, con ondas de 4 metros e vento de 30 nós de forza
Rescate de madrugada do Pesca 1 dun mariñeiro ferido grave. Navegaba a bordo do pesqueiro Armaven Uno a unhas 100 millas ao norte de Cabo Vilán. O rescate efectuouse en condición extremas, con ondas de 4 metros e vento de 30 nós de forza. Tras 3,5 horas de voo, o mariñeiro foi trasladado a Vigo en coordinación con Salvamento Marítimo.
Fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press indicaron que todo ocorreu sobre ás 19:00 horas, cando Gardacostas solicitou a mobilización do Pesca 1 para o rescate. O ferido foi trasladado ao aeroporto de Vigo, desde onde continuou o traxecto en ambulancia ata o hospital Álvaro Cunqueiro.
O Armaven Uno xa tivo outro susto en 2022. O seu armador é de Marín e opera baixo bandeira do Reino Unido, pero é esencialmente un barco galego.