Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falsa ameaza de bomba nunha cafetería da Coruña

Falsa ameaza de bomba nunha cafetería da Coruña

A Policía Nacional confirma que activou o protocolo en caso de alerta de explosivos, pero "de forma preventiva"

G24.gal 23/11/2026 13:27

Os Tedax xunto con guías caninos desprazáronse ata unha cafetería da rúa Capitán Juan Varela da Coruña por unha falsa alarma dunha mochila bomba. Acordoouse a zona mentres os Tedax comprobaban que se trataba dunha falsa alarma. A mochila só tiña roupa deportiva dentro.

A Policía Nacional confirma que activou o protocolo en caso de alerta de explosivos, pero "de forma preventiva", e fontes coñecedoras indican que non se trataba dunha ameaza real. Sobre las 12:40 horas, os axentes retiraron o obxecto.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade