Dado de alta o home ferido nunha pelexa nun local da Coruña
Segundo os primeiros datos solicitados pola Policía Nacional, as lesións foron causadas por unha pequena arma branca
A Policía Xudicial abriu unha investigación e trata de esclarecer o sucedido
O home que resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña foi dado de alta o domingo á primeira hora da tarde. Así o confirmaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde permanecía ingresado.
Alí, estivo, ata ser dado de alta, estable e fóra de perigo. Segundo os primeiros datos solicitados pola Policía Nacional, as lesiones foron causadas por unha pequena arma branca.
Os feitos ocorreron arredor de las 21:00 horas do sábado, 21 de novembro, nun establecemento da Rolda de Outeiro. Aínda non transcendeu cal foi o motivo que orixinou o conflito. O mesmo rematou cunha única persoa ferida e trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). A Policía Xudicial abriu unha investigación e trata de esclarecer o sucedido.