Polo menos 12 mortos e 39 feridos nun ataque con drons ucaínos en Tatarstán
As autoridades rusas aseguran que Nizhnekamsk foi atacada de madrugada
Os medios ucraínos apuntan a refinaría local como obxectivo
Europa Press-Arquivo
Polo menos 12 persoas morreron e outras 39 resultaron feridas este luns tras un ataque con drons ucraínos contra a localidade de Nizhnekamsk, na república rusa de Tatarstán, segundo informaron as autoridades locais.
O servizo de prensa do gobernador de Tatarstán, Rustam Minnjánov, confrmou o balance de vítimas e sinalou que todas as persoas feridas están a recibir atención médica. O gobernador tamén declarou o loito polas vítimas mortais.
O alcalde de Nizhnekamsk, Radmir Believ, afirmou que Tatarstán foi obxecto dun "novo ataque de drons" e asegurou que os ataques estaban dirixidos tanto contr obxectivos industriais como civís.
Segundo medios ucraínos, os drons tenía alcazando oa refinería local. Nas imaxes difundidas por canles deste país poden observarse columnas de fume no horizonte.
Centos de drons interceptados
O ataque contra Nizhnekamsk produciuse no marco dunha ofensiva con drons de gran escala. O alcalde de Moscova, Serguéi Sobianin, informou do derrumbamento de 23 drons nas inmediacións da capital rusa.
Na rexión de Rostov, as defesas antiaéreas derrubaron máis de 70 drons, mentres que na rexión de Kaluga foron interceptados outros 16, segundo as autoridades locais.
O Ministerio de Defensa ruso asegurou que durante a noite as súas defensas antiaéreas interceptaron e destruíron 456 drons ucraínos de ala fixa.