Así será a eclipse do 12 de agosto: da "dentada" inicial ao anel de diamantes
A Lúa ocultara progresivamente o Sol ata alcazar a totalidade, cando serán visibles a coroa solar e algúns planetas
Europa Press-Arquivo
A eclipse total do Sol do vindeiro 12 de agosto ofrecerá diferentes fases ao longo da tarde. Desde o primeiro contacto, cando a Lúa comece a cubrir o disco solar, ata a totalidade, o ceo irá cambiando progresivamente de aspecto.
A primeira "dentada"
A eclipse comezará cando a Lúa empece a interpoñerse diante do Sol. O primeiro que se poderá apreciar será unha pequena sombra negra nun dos bordos do astro, como se a Lúa lle dese unha "dentada" ao disco solar.
Este primeiro contacto producirase arredor das 19:30 horas, dependendo do lugar desde o que se observe. Nesta fase é imprescindible utilizar protección ocular adecuada.
A Lúa vai ocultando o Sol
Despois do primeiro contacto comezará a fase de parcialidade: a Lúa irá cubrindo pouco a pouco o Sol e a luz ambiental irá diminuíndo.
Cando a ocultación alcance aproximadamente o 45 %, comezarase a percibir unha redución da luz natural. Porén a sensación de escuridade e o descenso da temperatura serán máis evidentes cando a ocultación supere o 90 %.
Chega a sombra da Lúa
Cando máis do 90 % dol Sol estea oculto, o horizonte comezará a escurecer de maneira notable. Será consecuencia da sombra proxectada pola Lúa sobre a superficie terrestre.
O cambio será especialmente evidente nos lugares situados dentro da franxa da totalidade.
As perlas de Baily
Xusto antes da totalidade poderán producirse as chamadas perlas de Baily, pequenos puntos de luz que aparecen e desaparecen rapidamente cando a última franxa de luz solar queda fragmentada polo relevo da superficie lunar.
O fenómeno recibe o nome do astrónomo británico Francis Baily, que o descubriu en 1836, aínda que xa fora documentado anteriormente por Edmond Halley.
A maioría destas perlas son difíciles de observar sen telescopio, pero a última pode dar lugar a unha das imaxes máis características dunha eclipse: o anel de diamantes.
O anel de diamantes
Nese instante, un último fragmento de fotosfera solar aparece xunto á coroa solar, creando a imaxe dun diamante brillante rodado por un anel.
Será o último momento antes de que a Lúa cubra completamente o Sol e comece a fase de totalidade.
A totalidade: o momento culminante
Arredor das 20:30 horas, dependendo da localidade, chegará a fase máis espectacular do eclipse. A Lúa cubrirá por completo o Sol e o ceo escurecerá.
Nos puntos situados na franxa de totalidade, esta fase poderá ata 1 minuto e 50 segundos. Será entón cando se poderá observar directamente a coroa solar, a tenue atmosfera exterior do Sol que normalmente queda oculta polo seu intenso brillo.
A escuridade permitirá tamén distinguir algúns dos astros máis brillante do ceo. Entre eles, poderán verse Venus e Xúpiter, e tamén existe a posibilidade de observar Mercurio, Marte e Saturno.
A Lúa deixará de ocultar o Sol
Tras a totalidade, o proceso repetirase á inversa. Primeiro poderá aparecer de novo o anel de diamantes e, en determinadas codicións, as perlas de Baily.
Despois comezará outra fase de parcialidade en que a Lúa irá deixando progresivamente á vista o disco solar ata rematar a eclipse.
E esa mesma noite, as perseidas
O espectáculo astrnómico non rematará ca eclipse. Na noite do 12 ao 13 de agosto coincidirá tamén o máximo da chuvia de meteoros das perseidas.
As coñecidas como estrelas fugaces poderán comezar a observarse a partir das 23:00 horas, polo que o mesmo día ofrecera dous fenómenos astronómicos destacados.