Publicador de contidos

Publicador de contidos

O interior de Pontevedra e a montaña de Ourense en alerta vermella este martes por calor

O interior de Pontevedra e a montaña de Ourense en alerta vermella este martes por calor

A situación prolongarase previsiblemente ata o venres 

Recoméndase non practicar deporte federado entre as 13 e as 17 horas, excepto no caso de actividades náuticas ou acuáticas

​​​​​​

Arquivo Arquivo
G24.gal 10/08/2026 18:26

A Xunta de Galicia activou para este martes o nivel vermello de alerta, o máximo existente, por calor en zonas do interior da provincia de Pontevedra e en áreas de montaña da de Ourense.

O Goberno galego dá conta desta medida nun comunicado no que tamén se indica que a zona de Valdeorras permanecerá durante todo o día en nivel amarelo de alerta por alta temperaturas.

Masa de aire cálido 

As previsións meteorolóxicas que manexa a administración autonómica mostran que este martes predominarán as altas presións e producirase a entrada dunha masa de aire cálido desde o sur da península ibérica, o que traerá consigo ceos despexados e un aumento das temperaturas.

Esta situación de calor prolongarase previsiblemente ata o vindeiro venres, con maior intensidade en áreas do interior da comunidade.

Deste xeito, a Xunta de Galicia recomenda que non se practique deporte federado entre as 13 e as 17 horas, excepto no caso de actividades náuticas ou acuáticas.

De igual xeito, recoméndase ás entidades organizadoras que adapten os horarios da práctica deportiva ás condicións específicas de cada zona e adóptense as medidas preventivas que sexan necesarias.

Aumentar inxesta de auga e utilizar lentes de sol e cremas protectoras 

O Goberno galego tamén traslada unha serie de recomendacións xerais para toda a poboación, que pasan por prestar especial atención aos grupos de risco, aumentar a inxesta de auga, evitar as comidas copiosas, usar roupa de tecidos naturais e folgada, lentes de sol e cremas protectoras, entre outras medidas.

De acordo coa distribución territorial da Xunta, a área isoclimática do interior de Pontevedra a conforman os municipios de Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Pola súa banda, integran a da montaña de Ourense os seguintes: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, O Castro de Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, O Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade