Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pásase das recomendacións ás prohibicións no consumo da auga en Baiona e nas concas do Lérez e Anllóns

Pásase das recomendacións ás prohibicións no consumo da auga en Baiona e nas concas do Lérez e Anllóns

Queda prohibido baldear, encher piscinas e lavar coches na rúa 

O Goberno galego reúne este martes a Oficina Técnica da Seca para avaliar un incremento do nivel de prealerta no que se atopan 32 municipios galegos

 

Encoro de Baíña, Baiona
G24.gal 10/08/2026 15:49

A Xunta vai reunir este martes á Oficina Técnica da Seca para avaliar unha incremento do nivel de prealerta no que se atopan 32 municipios galegos, algúns dos cales poderían pasar ao nivel de alerta ante a escaseza de auga neste mes de agosto.

Segundo explicou este luns a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, en declaracións tras un acto en Marín, o que na conca do río Lérez, o Anllóns e Baiona son recomendacións para restrinxir o consumo de auga "pasa a ser obrigatoriedade".

"No Lérez, en Baiona e Anllóns o que eran recomendacións agora é obrigatoriedade. Hai que deixar de baldear, encher as piscinas ou lavar os coches nas rúas; unha serie de cousas que a pesar de ser recomendacións séguense levando a cabo", lamentou a conselleira Ángeles Vázquez.

Á parte, a conselleira apuntou que haberá que "tomar outras medidas" porque, a pesar de que a situación do Lérez "se estabilizou", en "gran parte" porque a empresa Ence deixou de utilizar auga deste río e vai rexenerando a que ten, é necesario "avanzar nesta liña" noutros ámbitos.

Mensaxe de tranquilidade

En todo caso, Vázquez deu unha "mensaxe de tranquilidade" porque xa se están "adoptado unha serie de medidas", aínda que lembrou que a concesión nesta zona tena o Concello de Pontevedra, ao que volveu a instar a crear unha mancomunidade para que todos os concellos sexan partícipes.

A Xunta non pode obrigar neste sentido, aclarou, xa que a lei "é moi clara" e a iniciativa da mancomunidade corresponde aos municipios, pero "insta a que se faga" e entregou os estatutos correspondentes aos concellos implicados.

"Pero o que non podemos é quitar a concesión a un concello", puntualizou.

Vázquez tamén explicou que a pesar das choivas de xaneiro e febreiro sería necesario "ter balsas por toda Galicia para reter esa auga" e lembrou que o verán está "a ser moi seco, con altas temperaturas", que favorecen a evaporación e "consumos moi altos".

Melloras no saneamento de Marín 

A conselleira de Medio Ambiente acompañou este luns  ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a visita ás obras que se están executando na contorna do río Lameira, ás que o Goberno galego está a destinar 4,1 millóns de euros, para mellorar o saneamento do municipio de Marín.

Rueda destacou que se trata dun paso decisivo na estratexia da Xunta para mellorar a calidade das augas na ría de Pontevedra, nun plan conxunto por máis de 56 millóns de euros que beneficia a uns 242.000 veciños de Marín pero tamén de Pontevedra e Poio.

Os traballos de saneamento en Marín permitiron retirar o antigo colector do leito do río Lameira e instalar un novo sistema fóra del, evitando filtracións de auga cara a rede, alén dun tanque de tormentas e melloras de bombeo para reducir o risco de verteduras.

Ademais, a intervención inclúe a creación dunha senda peonil de 1,2 quilómetros, a eliminación de elementos degradados e a creación de novos espazos públicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade