Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta subvenciona os concellos para localizar as illas de calor e renaturalizalas

A Xunta subvenciona os concellos para localizar as illas de calor e renaturalizalas

A Lei do Clima de Galicia prevé a creación dunha rede de refuxios climáticos

G24.gal 28/07/2026 08:35

Son espazos naturais ou urbanos que axudan a frear os efectos do quecemento global e a protexer o benestar das persoas. Hai axudas para que os concellos os constrúan.

Vexetación e masas de auga abundantes fan de Galicia un refuxio climático natural. Pero hai puntos quentes. En concellos coma o de Castrelo de Miño, onde non é raro que teñan temperaturas superiores aos 40 graos, a diferenza entre unha zona pavimentada ao sol e unha de sombra con chan naural pode ser ata de cinco grados. Unha das illas de calor, dos puntos máis abafantes do concello, era este aparcadoiro.

 "Tiñamos unha explanada grande sen árbores. E a intervención que fixemos foi plantar trescentas árbores autóctonas na primeira fase. E apostamos porque os camiños sexan sen pavimentación: de xabre ou de terra", conta Avelino Pazos, o Alcalde de Castrelo de Miño.  

Convertese así nun dos puntos da rede verde que están a tecer nos concellos galegos para converter as illas de calor en refuxios climáticos.

"Estamos traballando coa Universidade de Vigo e contamos xa cun dispositivo móbil, como unha mochila, que nos permite contrastar os datos que temos dos satélites -sobre humidade e temperatura- e traelos a terra para cruzar os parámetros e ter un mapa máis real e minucioso dos puntos de calor dos concellos, coa súa xeolocalización", detallou Catalina Tomás de Carranza, a Subdirectora Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático.

Para ter sempre preto un lugar onde gorecerse cando apertan as temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade