Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo rexeita suspender o voto aos netos nacionalizados que viven en España

O Supremo rexeita suspender o voto aos netos nacionalizados que viven en España

Dá tres días ás partes antes de decidir se estende esa suspensión aos fillos e fillas de quen previamente accedeu á nacionalidade a través da lei de netos, que actualmente teñen suspendido o dereito ao sufraxio

Arquivo/Joaquín Corchero/Europa Press Arquivo/Joaquín Corchero/Europa Press
G24.gal 30/10/2026 17:16

O Tribunal Supremo rexeitou suspender o voto de cara ao 29N aos nacionalizados pola denominada lei de netos que viven en España, e deu tres días ás partes antes de decidir se estende esa suspensión aos fillos e fillas de quen previamente accederon á nacionalidade a través da norma, que actualmente teñen suspendido o dereito ao sufraxio.

A Sala do Contencioso Administrativo ditou dúas providencias para dar resposta ás peticións formuladas por Iustitia Europa os pasados días 27 e 28 en relación a estes supostos, que non quedaron expresamente cubertos polos autos do 10 de setembro e 12 de outubro que acordaron e confirmaron a suspensión cautelar dos nacionalizados pola lei de netos, salvo os que acrediten ser fillos ou netos de exiliados.

En primeiro lugar, a Sala rexeitou suspender o voto aos fillos dos nacionalizados pola vía urxente, sen oír as partes, como solicitara Iustitia Europa e no seu lugar acordou tramitar esta petición como medida cautelar dando traslado ás partes para que formulen alegacións antes de decidir.

Iustitia Europa pediu o pasado día 27 ao alto tribunal que suspenda os efectos electorais de todos as persoas incorporadas ao Centro de Residentes Ausentes (CERA) que adquirisen a nacionalidade a través do Anexo III da norma.

Esta petición deriva de "a documentación achegada pola Administración que permitiu coñecer a dimensión dos restantes supostos" na norma, singularmente, do anexo III, que afecta os fillos e fillas maiores de idade daqueles españois a quen lles foi recoñecida a súa nacionalidade pola lei de netos.

Segundo Iustitia, ao 31 de xullo de 2026, inmediatamente antes do peche do censo electoral aplicable a estas eleccións, constaban 189.678 inscricións correspondentes a este suposto.

E noutra providencia, a Sala rexeitou estender a suspensión cautelar do dereito ao voto aos nacionalizados pola lei de netos que trasladaron o seu domicilio a España e forman parte do Censo Electoral Nacional (CER), así como aos seus fillos.

Ao respecto, o tribunal acordou "non resolver sobre esta petición tendo en conta que se refire a cuestións que non forman parte do obxecto deste recurso", polo que a formación presentou un escrito ante a Xunta Electoral Central con carácter urxente para identificar e revisar a estas persoas.

O Goberno entregou este mércores a lista solicitada polo Supremo coa identidade das 163.355 persoas nacionalizadas pola lei de netos, cuxo dereito ao voto está suspendido, das cales tan só 901 poderán votar o 29N ao acreditar que son fillos ou netos de exiliados españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade