Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes sopesa cortar o servizo durante a remodelación de liñas ferroviarias

Transportes sopesa cortar o servizo durante a remodelación de liñas ferroviarias

Óscar Puente recoñece que están valorando seguir o modelo alemán, que permitiría reducir considerablemente o tempo de execución das obras

O ministro está convencido de que, se optan por esta fórmula, "haberá contestación", pero admite que nestas circunstancias podería ser a opción "máis prudente"

Personal ferroviario traballando nas obras do AVE de Sagrera-Sant Andreu en 2022 (Lorena Sopêna/Europa Press/Arquivo) Personal ferroviario traballando nas obras do AVE de Sagrera-Sant Andreu en 2022 (Lorena Sopêna/Europa Press/Arquivo)
G24.gal 30/10/2026 12:55

O ministro de Transportes, Óscar Puente, recoñeceu este venres que están a valorar a opción de cortar o servizo durante o tempo que duren as obras de remodelación de liñas ferroviarias como a Madrid-Barcelona, unha fórmula "máis prudente" que xa se aplica en Alemaña e "non só por unha cuestión de seguridade".

Na segunda comparecencia de prensa que dá tras a colisión o mércores de dous trens de alta velocidade que provocou a morte de, polo menos, 69 persoas, Puente non desbota seguir este modelo, que reduciría considerablemente o prazo de exección das obras.

Segundo explicou, unha obra que podería durar cinco anos en banda de mantemento podería quedar reducida a menos de 24 ou 12 meses en condicións normais.

O ministro recoñece que é consciente de que se finalmente optan por este modelo, a decisión traerá consigo "contestación", pero admite que, nestas circunstancias, podería ser a opción máis prudente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade