Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta amarela por calor no interior de Pontevedra e montaña de Ourense

Alerta amarela por calor no interior de Pontevedra e montaña de Ourense

A situación de calor continuará previsiblemente ata o venres, especialmente no interior da comunidade

G24.gal 09/08/2026 18:50 Última actualización 10/08/2026 14:14

A Xunta activou para este luns a alerta amarela por altas temperaturas no interior de Pontevedra e na montaña de Ourense, segundo os datos remitidos por MeteoSalud e Meteogalicia.

Segundo MeteoGalicia, a partir deste luns unha masa de aire cálido procedente do sur da península ibérica comezará a entrar en Galicia.

Isto, combinado coas altas presións que deixarán os ceos despexados, provocará un incremento das temperaturas entre o luns e o martes. Unha situación de calor que continuará previsiblemente ata o venres, especialmente no interior da comunidade.

Neste contexto, a Xunta activou o nivel amarelo de alerta por altas temperaturas nos municipios do interior de Pontevedra e a montaña de Ourense.

Concretamente, as localidades afectadas no interior de Pontevedra serán: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Pola súa banda, na montaña de Ourense serán: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade