Rueda di que Bico de Xeado representa o futuro competitivo do rural galego
A empresa ten dúas explotacións agrarias, a de Miño, de onde sae o leite co que fabrican os doces; e a de San Sadurniño, que vende o leite a industrias de queixo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que Bico de Xeado é unha mostra do futuro "sólido e competitivo" que ten o rural galego, con granxas modernas, eficientes e vencelladas ao territorio. O xefe do Goberno galego visitou este xoves en San Sadurniño a Granxa La Esperanza, da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña á que pertence a firma Bico de Xeado.
A marca de xeados ten dúas explotacións agrarias, a de Miño, de onde sae o leite co que fabrican os doces; e a de San Sadurniño, que vende o leite a industrias de queixo e que, con máis de 600 vacas de muxidura, é a maior granxa de raza Jersey de Galicia. O presidente da cooperativa, José María Calo, explica que con esta raza conseguen un leite con máis materia graxa e proteína para produtos sólidos.
Alfonso Rueda felicita a Bico de Xeado por impulsar un proxecto que crea riqueza no territorio ao transformar o leite galego en produtos de excecelencia e por ser exemplo da marca "Galicia Calidade". O presidente avanza que a Xunta está tramitando unha nova lei de coopertivas de Galicia para facilitar o emprendemento no rural .
Bico de Xeado, con sede en Bergondo, naceu hai 15 tras fracasar un proxecto da cooperativa para fabricar leite líquido e na actualidade ten 30 tendas propias, 30 fraquicias e máis de 250 colaborades, como restaurantes, en toda España.