Rueda aposta por abrirlle as portas de Galicia ás industrias do futuro
O presidente da Xunta chama a conservar os sectores tradicionais ao tempo que se aproveiten a posición xeográfica e os recursos de Galicia para atraer novos proxectos e investimentos
O futuro de Galicia pasa, segundo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por manter o peso dos sectores tradicionais e potenciar a nosa posición xeográfica e as enerxías verdes. "A nosa situación, os nosos portos e a nosa conexión con América dános unha posición de vantaxe á hora de abrinos ao exterior, xunto cos recursos naturais que van sustentar as industrias verdes".
Alfonso Rueda puxo en valor a estabilidade galega e avogou por fuxir da polarización. Rueda tamén falou de inmigración xunto cos seus homólogos de Baleares e Ceuta. Pedíronlle a Sánchez planificación e recursos.
"Vivimos nunha olla a presión que pode estoupar en calquera momento pode estoupar", asegurou Juan Jesús Vivas. Pola súa parte, Marga Prohens pediulle ao Goberno afrontar os retos como país.
O presidente da Xunta censurou que o repartimento de menores migrantes se fai sen coordinación, sen planificación e sen recursos.