Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colapso de tráfico entre Cabanas e Pontedeume en plena temporada turística

Colapso de tráfico entre Cabanas e Pontedeume en plena temporada turística

As obras para ampliar as beiravías da ponte están provocando cortes imprevistos da estrada 

Os concellos solicitaron unha entrevista co secretario de Estado de Infraestruturas para que se redefina o proxecto

Teñen previsto mobilizarse se non mellora a planificación das obras e os preavisos de cortes

G24.gal 14/08/2026 15:11

Os que circulan acotío por esta ponte clave na rede viaria da zona do Eume están afeitos a que o tráfico non sempre sexa moi fluído, pero din que o que viviron varias veces durante esta semana superou todo o previsible. O motivo do colapso está nas obras que se están facendo para ampliar as beiravías da ponte, cunha gra falta de planificación, segundo os alcaldes da zona. 

"A ninguén se lle ocorre en concellos cunha alta ocupacion turística na semana do 15 de agosto coa eclipse, que sabiamos que ía aumentar o número de desprazamentos, realizar cortes de tráfico e algúns en hora punta, algo que ademais se nos dixo que non ía pasar, que non ía haber ningunha incidencia sobre o tráfico e o que está a pasar é todo o contrario e, por riba, sen ningunha información o respecto". 

Segundo o alcalde de Betanzos, Bernardo Fernández, os concellos da zona pedíronlle reiteradamente á Demarcación de Estradas que planifique os traballos que se están facendo na ponte e informe con antelación se vai haber cortes, pero en vista de que iso non pasa, solicitaron unha entrevista directamente co secretario de Estado de Infraestruturas. Se non reciben resposta ás súas demandas, teñen xa previsto iniciar mobilizacións. 

"Imos solicitar que redefinan tanto o plan de execución das obras coma os prazos e que se realicen en base a criterios que permitan convivir. Loxicamente, se hai que adoptar medidas de presión, como as concentracións que xa anunciamos, farémolo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade