Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisan 28 quilos de polbo conxelado na Mariña por carecer de rastrexabilidade

Comisan 28 quilos de polbo conxelado na Mariña por carecer de rastrexabilidade

O polbo era transportado por unha empresa con sede en Asturias e atopábase conxelado e distribuído en bolsas de plástico individuais, sen que se puidese acreditar adecuadamente a súa rastrexabilidade e procedencia

G24.gal 14/08/2026 14:29

A Garda Civil, en colaboración con inspectores do Servizo de Gardacostas de Galicia, comisou este xoves 28 quilos de polbo conxelado na Mariña por carecer de rastrexabilidade.

Nunha nota de prensa, o Instituto Armado detallou que a incautación se produciu durante un control pesqueiro, no marco do cal se comprobou que o produto carecía da perceptiva rastrexabilidade.

O polbo era transportado por unha empresa con sede en Asturias e atopábase conxelado e distribuído en bolsas de plástico individuais, sen que se puidese acreditar adecuadamente a súa rastrexabilidade e procedencia.

Ante a imposibilidade de garantir as condicións hixiénico-sanitarias necesarias para o seu consumo, os axentes interviñeron o produto que, posteriormente, foi destruído, conforme o procedemento establecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade