Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberan a condutora dun vehículo que bateu contra unha árbore no Corgo

Liberan a condutora dun vehículo que bateu contra unha árbore no Corgo

A muller, de mediana idade, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Imaxe cedida polos Bombeiros de Sarria Imaxe cedida polos Bombeiros de Sarria
G24.gal 15/08/2026 11:57

Unha muller, duns 40 anos, precisou dos bombeiros para saír dun coche sinistrado no Corgo. O coche no que viaxaba foise da vía e bateu contra unha árbore. A muller era a condutora e única ocupante do vehículo. 

Ocorreu pasadas as sete desta madrugada na LU-546, en Anseán, O Corgo. 

O 112 Galicia recibiu varios avisos sobre este sinistro, que obrigou a intervir os Bombeiros de Sarria debido a unha muller que estaba atrapada no interior. Unha vez liberada, foi atendida por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, finalmente, trasladou a ferida ao Complexo Hospitalario Universitario de Lugo (HULA). 

Ademais do persoal sanitario e dos efectivos de salvamento e rescate, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, que informan que a vía estaba despexada porque o vehículo quedou completamente fóra da estrada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade