Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un menor en Portugal sospeitoso de matar a súa nai tras sufrir malos tratos

Detido un menor en Portugal sospeitoso de matar a súa nai tras sufrir malos tratos

No momento do homicidio, atopábase na casa unha nena de 4 anos, filla da vítima e irmá do detido

O menor non é imputable pola súa idade e foi derivado a un centro de menores na zona de Lisboa ​​​​

G24.gal 14/08/2026 15:57

A Policía portuguesa informou da detención dun menor de 15 anos como sospeitoso de matar á súa nai na área metropolitana de Lisboa tras un posible caso de malos tratos contra o adolescente.

O mozo, de nacionalidade estranxeira, mataría á súa proxenitora, de 33 anos e tamén estranxeira, este xoves na residencia familiar situada na zona de Algés, no municipio de Oeiras, precisou a Policía Xudicial nun comunicado.

No momento do homicidio, atopábase na casa unha nena de 4 anos, filla da vítima e irmá do detido.

"O contexto que levou á ocorrencia do delito estaría relacionado con posibles malos tratos físicos e psicolóxicos por parte da vítima cara aos dous fillos", engadiu o corpo policial.

O fillo, que non é imputable criminalmente pola súa idade, foi identificado e derivado a un centro de menores na zona.

O adolescente terá que presentarse ante as autoridades xudiciais do Tribunal de Familia e Menores de Cascais, na área metropolitana de Lisboa, para que se lle apliquen as medidas necesarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade