Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida grave unha nena de 8 anos tras bater un coche e un camión en Curtis

Ferida grave unha nena de 8 anos tras bater un coche e un camión en Curtis

No sinistro resultaron feridas outras dúas persoas máis, as tres viaxaban nun turismo que bateu contra un camión na N-634

Imaxe cedida Imaxe cedida
G24.gal 27/09/2026 18:41

Unha nena de oito anos tivo que ser evacuada en helicóptero tras verse implicada nun accidente de tráfico en Curtis.

No sinistro resultaron feridas outras dúas persoas máis. As tres viaxaban nun turismo que bateu contra un camión na N-634.

O sinistro produciuse pouco antes das tres desta tarde, cando un camión tentou adiantar o coche implicado e bateu contra el.

O coche envorcou, porén, as persoas puideron saír polos seus propios medios.

Con todo, precisaron asistencia médica, especialmente, a menor que viaxaba no turismo e sufriu lesións graves. Por iso, foi trasladada ao hospital de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado, que enviou Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao lugar do sinistro.

Tamén os dous adultos que ían no mesmo vehículo resultaron feridos e foron conducidos ao mesmo centro hospitalario.

Ademais de sanitarios e persoal do GES de Curtis, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Imaxe cedida Imaxe cedida
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade