Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a 22 anos de prisión por dous delitos de agresión sexual a unha menor na Coruña

Condenado a 22 anos de prisión por dous delitos de agresión sexual a unha menor na Coruña

O home acudiu de madrugada ao portal do domicilio da muller e, a pesar de a súa negativa, exerceu violencia e realizou diversos actos de carácter sexual contra ela sen o seu consentimento

A Audiencia tamén entende probado que o investigado "era plenamente consciente de que a moza era menor de dezaseis anos"

G24.gal 25/09/2026 13:23

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou un home a 22 anos de prisión por dous delitos de agresión sexual sobre unha menor. Ademais, segundo a sentenza do 23 de setembro que publicou este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), deberá indemnizala con 30.835 euros polos danos morais ocasionados.

Ambos mantiñan, desde o verán de 2024, "encontros sexuais", pero foi en novembro dese ano cando o home acudiu de madrugada ao portal do domicilio da muller e, a pesar da súa negativa, exerceu violencia e realizou diversos actos de carácter sexual contra ela sen o seu consentimento. Tamén a agrediu fisicamente cando intentou apartarse.

Como consecuencia destes feitos, a menor sufriu posteriormente diversos problemas emocionais e psicolóxicos.

O tribunal explica que existe "un abafador e consistente material probatorio". Baséase principalmente na declaración da vítima, que considera "crible"e corroborada por outras probas, entre elas mensaxes e audios intercambiados entre ambos.

A Audiencia tamén entende probado que o investigado "era plenamente consciente de que a moza era menor de dezaseis anos". A resolución non é firme, xa que cabe recurso ante o TSXG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade