Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha condutora morre e outra queda ferida nun choque frontal en Cerceda

Unha condutora morre e outra queda ferida nun choque frontal en Cerceda

A falecida tiña 80 anos e a outra muller, de mediana idade, foi trasladada ao hospital da Coruña con fracturas nas pernas

FOTO: Bombeiros de Ordes FOTO: Bombeiros de Ordes
G24.gal 27/09/2026 18:21 Última actualización 27/09/2026 19:28

Unha muller de 80 anos, veciña de Oleiros, faleceu nun accidente de tráfico ocorrido este domingo pola tarde na estrada AC-523 ao seu paso polo concello de Cerceda. 

O seu coche bateu contra outro de xeito frontal no lugar do Esperón. A condutora do outro vehículo, de mediana idade, tivo que ser trasladada ao hospital da Coruña con fracturas nas pernas.

Segundo os Bombeiros de Ordes, un dos turismos invadiu o carril contrario nun treito con vía de adiantamento, á altura do quilómetro 11. O persoal sanitario do 061 tentou reanimar a vítima, que estaba insconciente, pero non conseguiu salvarlle a vida.

No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntariado de Protección Civil de Cerceda. 

FOTO: Bombeiros de Ordes FOTO: Bombeiros de Ordes
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade