Cargando resultados...
Un coche causa danos a tres vehículos e dáse á fuga en Cambados
O coche deixou a defensa na estrada xunto coa súa matrícula
Imaxe cedida
G24.gal
27/09/2026 15:36
Un vehículo deuse á fuga despois de verse involucrado nun accidente de tráfico na EP-9005 ao seu paso por Corbillón, en Cambados.
O suceso tivo lugar arredor das 07:30 horas da mañá deste domingo, cando o vehículo causou danos a tres vehículos e logo deuse á fuga.
O coche deixou a defensa na estrada xunto coa súa matrícula.
Na intervención colaboraron unha ambulancia do 061, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e Garda Civil de Tráfico.