Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago enche de lectores a praza do Obradoiro para fomentar a lectura

Santiago enche de lectores a praza do Obradoiro para fomentar a lectura

A literatura convértense nun punto de encontro nun lugar ao aire libre tan emblemático como o Obradoiro

É unha quedada para ler xuntos, en silencio, cada un co seu libro e tamén se podían compartir fragmentos 

É a antesala da Semana do Libro de Compostela, que se celebra do 2 ao 11 de outubro na Praza da Quintana

G24.gal 27/09/2026 15:30

No prefacio da Semana do Libro de Compostela, os participantes comparten un mesmo espazo e unha mesma afección. 

"Estou lendo Punto de araña", de Nerea Pallares, que fala das familias galegas, de mulleres galegas, di unha participante.

"Estou co libro O ano da morte de Ricardo Reis, de José Saramago, destaca outro participante.

"Estou lendo un libro de se titula "Cabeleira de Pedra", de Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro, engade outra muller.

A literatura convértense nun punto de encontro e na ferramenta para compartir tempo e cultura lonxe das pantallas nun lugar ao aire libre tan emblemático como a praza do Obradoiro.

"A idea é ese espazo de compartir e facer unha especie de romaría no corazón de Compostela", di  Lorena Conde, directora artística da SELIC, Semana do Libro de Compostela.

Esta é unha das quedadas para ler xuntos, en silencio e cada un co seu libro, que non deixa de gañar adeptos. Tamén se podía compartir algún fragmento.

"Facer este tipo de cousas nun sitio como o Obradoiro, fai que todo o mundo poida ver que se pode ler e que ler é marabilloso e que ler en comunidade está fantástico", engade outra participante na iniciativa.

Os libros deixaron este domingo as estanterías, as bibliotecas e a intimidade das casas para ocupar un espazo público. Cada libro unha historia, cada lector, unha mirada diferente.

"Estou lendo As tolas que non o eran, de Carmen Valiña, que é un ensaio que trata sobre a psiquiatriciación da disidencia feminina. Estas iniciativas son necesarias para fomentar a lectura e tamén para o espazo público é de todas", destaca Arancha Nogueira, escritora.

 "Non só é a atención de tres minutos de un vídeo de tiktok e poder ler un libro completo é moi necesario para a súa educación", di un home.

"Gústame ler porque é diverto, gústame" engade unha nena xunto a seu pai.

Levar os libros á rúa é un xesto sinxelo nunha cidade acostumada a recibir visitantes, pero que tamén busca crear espazos para quen a habita.

Aquí as historias non só se len, tamén se comparten. A iniciativa, marcada por un ambiente próximo e participativo, busca recuperar os espazos públicos da cidade fronte á masificación turística. 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos