Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio de Calvos de Randín que leva arrasadas 500 hectáreas

Controlado o incendio de Calvos de Randín que leva arrasadas 500 hectáreas

Este domingo quedou extinguido o lume iniciado o 15 de setembro en Quiroga tras queimar 467 hectáreas

Persoal de extinción no lume de Calvos de Randín. EUROPA PRESS/Adrián Irago Persoal de extinción no lume de Calvos de Randín. EUROPA PRESS/Adrián Irago
G24.gal 27/09/2026 13:48 Última actualización 27/09/2026 14:38

O lume activo no concello de Calvos de Randín está controlado dende as 13:18 horas deste domingo. Declarado na tarde do xoves pasado, leva calcinado ata o momento unhas 518 hectáreas.

A proximidade das lapas ao núcleo das Meaus, no concello limítrofe de Baltar, obrigou a declarar a situación 2 de emerxencia, como medida preventiva, ata o mediodía do venres. 

Para a extinción do incendio, o maior do ano na provincia de Ourense, mobilizáronse polo de agora 7 técnicos, 47 axentes, 54 brigadas, 33 motobombas, 5 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 11 avións.

O incendio de Quiroga arrasou 467 hectáreas. EUROPA PRESS/Carlos Castro O incendio de Quiroga arrasou 467 hectáreas. EUROPA PRESS/Carlos Castro

Extinguido o de Quiroga

Por outra banda, este domingo quedou extinguido o lume iniciado o 15 de setembro no concello de Quiroga. Segundo o balance provisional, calcinou 467 hectáreas, 320 de arboredo e 147 de monte raso.

Neste caso tamén se decretou a situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación na parroquia de Pacios da Serra. Foi o mércores 16 e quedou desactivada ese mesmo día.

Para sufocalo mobilizáronse, de xeito acumulado, 16 técnicos, 103 axentes, 139 brigadas, 93 motobombas, 9 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións. O vento dificultou nos primeiros días o traballo dos equipos antiincendios.

En Quiroga chegou a decretarse a situación 2. EUROPA PRESS/Carlos Castro En Quiroga chegou a decretarse a situación 2. EUROPA PRESS/Carlos Castro

Teléfonos de atención

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal.

Do mesmo xeito, existe outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade