Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos graves ao bater a súa moto contra un coche en Cerdedo Cotobade

Dous feridos graves ao bater a súa moto contra un coche en Cerdedo Cotobade

O condutor do vehículo saíu ileso do accidente que se produciu na estrada N-541

Unha ambulancia no lugar dos feitos. FOTO: Garda Civil Unha ambulancia no lugar dos feitos. FOTO: Garda Civil
G24.gal 27/09/2026 12:45 Última actualización 27/09/2026 13:20

O condutor dunha moto e o seu acompañante quedaron feridos de gravidade ao bater a súa moto contra un coche no concello de Cerdedo Cotobade. 

Segundo informa a Garda Civil, foi un choque frontal, por causas aínda sen determinar, ocorrido minutos antes do mediodía na estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.

Ambos os dous feridos son veciños de Cerdedo Cotobade. O condutor do vehículo saíu ileso do accidente que se produciu no punto quilométrico 85,5.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade