Publicador de contidos

Publicador de contidos

As incautacións de cocaína multiplicáronse por cinco en Galicia en 2025: 9,3 toneladas

As incautacións de cocaína multiplicáronse por cinco en Galicia en 2025: 9,3 toneladas

A provincia da Coruña concentrou a maioría das incautacións de cocaína, ao rexistrar 6,4 toneladas do total

Alixo comisado na Pobra do Caramiñal (Europa Press) Alixo comisado na Pobra do Caramiñal (Europa Press)
G24.gal 19/08/2026 14:31

As incautacións de cocaína disparáronse un 386 % en Galicia en 2025, ata alcanzar as 9,3 toneladas. O que supón case cinco veces máis que o ano anterior, cando se interviñeran 1.922 quilos.

O incremento é notable, pero a cifra tamén está condicionada polo feito de que nunha soa operación comisáronse 3.650 quilos de cocaína. Ocorreu na Pobra do Caramiñal no mes de setembro, onde detiveran daquela 14 perosas supostamente relacionadas coa descargada da droga procedente dun narcosubmarino.

Así, Galicia concentrou en 2025 o 12,13 % do total de cocaína incautada en España, segundo recolle a Estatística Anual sobre Drogas do Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO).

A provincia da Coruña concentrou a maioría das comisos de cocaína do pasado ano, ao rexistrar 6,4 toneladas do total. Pola súa banda, a de Pontevedra superou as 2,8 toneladas; na de Lugo interviñéronse máis de 10 quilos e na de Ourense case cinco quilos.

Xunto á cocaína, Galicia rexistrou o comiso en 2025 dun total de 181 quilos de haxix, un 29,52 % máis que en 2024, cando se incautaran 140 quilos. No caso da marihuana, as cantidades pasaron de 119 quilos a 142 quilos, un incremento do 19,37 %.

O informe, feito público este mércores polo Ministerio do Interior, tamén reflicte un aumento de forma salientable da incautación de plantas de cánnabis, que alcanzou as 5.723 unidades, un 186,29 % máis ca en 2024.

Así mesmo, as intervencións de MDMA-éxtases ascenderon a 2.133 unidades, un 660,83 % máis. Outro dos incrementos máis salientables corresponde á metanfetaminas, con 2.069 unidades incautadas, un 20.590 % máis que o ano anterior.

En sentido contrario, as incautacións de heroína descenderon un 52,95%, ata 13.340 gramos, mentres que as de poppers reducíronse un 58,93 %, ata 520 cc. Tamén se reduciron as intervencións de anfetamina un 45,83 % e as de MDA baixaron un 94,53 %

713 detencións

En canto á actividade policial, Galicia contabilizou 713 detencións relacionadas con drogas en 2025, un 7,54 % máis que en 2024, mentres que o número de denunciados descendeu un 11,85 %, ata 9.307.

A maior parte das detencións produciuse na provincia de Pontevedra (297), seguida da da Coruña (279), Ourense (67) e Lugo (65).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar