Cambiaron Francia por Monterrei e venden anzois a través de internet
A calidade de vida do rural galego atrae cada ano a máis estranxeiros
Guillaume e Isabelle levan máis de dous anos vivindo na aldea de San Cristovo
Viñeron de vacacións a Galicia e decidiron trasladar aquí o seu fogar. A natureza e o estilo de vida, subliña Isabelle, impulsaron esta decisión. Hai máis dunha década que Guillaume transformou a súa afición á pesca nun negocio.
Dende o concello ourensán de Monterrei seguen a dedicarse a elaboración artesán de anzois que venden, a través da súa páxina web, a países como Bélxica, Alemaña ou mesmo Australia. Traballo que compaxinan co coidado da horta e dalgúns animais.
Despois de dous anos, séntense xa parte desta vila. Por iso, tras os incendios do pasado verán, decidiron por en marcha un proxecto para sinalizar os camiños e facilitar así o traballo dos equipos de extición.
Iniciativa que levan a cabo cos veciños de varias aldeas da zona. Porque para Isabelle e Guillaume perservar a calidade de vida que atoparon en San Cristovo é o seu proxecto de futuro.