Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cabanas turísticas cobran nova vida en Galicia

As cabanas turísticas cobran nova vida en Galicia

A Galicia interior atrae o viaxeiro con natureza e descanso

Moitos deste establecementos nacen baixo a proximidade do Camiño de Santiago, aproveitando o fluxo de peregrinos

É unha nova oferta de lecer que tenta equilibrar respeto ao medio e desenvolvemento económico do rural

G24.gal 06/09/2026 15:09

Alén do mar e a praia, Galicia tamén ofrece unha aposta polo interior e o medio rural. O ecoturismo e os establecementos sostibles como os aloxamentos de cabanas están a medrar nos últimos anos.

 Un destes establecementos está en Guntín, Lugo, onde viaxeiros e peregrinos do camiño primitivo atopan unha experiencia diferenciada.

"Trátase de fusionar unha estadía turística nunha cabana no medio da natureza, no rural", comenta Marta Amboage, directora dun destes complexos en Guntín.

Establecementos coma este ofrecen inmersión na natureza e tranquilidade. E parten do financiamento da programa europeo LEADER a través da Xunta.

"Este ano sacamos a maior convocatoria do LEADER en Galicia, de 28,7 millóns de euros. Pretendemos con eles mobilizar máis de mil proxectos e arredor de 140 millóns de euros", anuncia a conselleira de Medio Rural, María José Gómez.

Os ecoaloxamentos baséanse na integración co medio rural pero tamén coa súa comunidade e cos produtores locais.

"Este é o futuro do turismo. A actividade turística ten que ser respetable, sostible. Ten que convivir coas comunidades locais, non invadir e que se trate de convivir co medio rural e darlle vida", mantén Marta Amboage, a directora do establecemento de Suites Nature en Guntín.

Aínda que os prezos varían, unha cabana pode alugarse por 120 euros ao día. Unha opción diferenciada de experimentar o contacto coa natureza e co interior de Galicia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade