Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Alhambra, un monumento 'sismoresistente"

A Alhambra, un monumento 'sismoresistente"

A súa ubicación e os materiais adaptables, segredo da súa fortaleza construtiva

O enxame sísmico só causou pequenos danos en zonas ornamentais restauradas no século XX

G24.gal 20/08/2026 21:22 Última actualización 20/08/2026 21:38

A Alhambra leva trece séculos en pé e parece que así vai seguir. Os ultimos tremores non lle causaron danos estructurais. A ubicación e os materiais adaptables cos que foi construída agochan o segredo da súa fortaleza. É un monumento sismoresistente

"A Alhambra é un monumento sismoresistente, desde o chan sobre o que se ubica, a Sabika, ata os materiais maleables cos que está construída,  fan que cando hai un tremor de terra A Alhambra baile", explica o director do Padroado, Rodrigo Ruíz-Jimenez.

A análise en profundidae á que foi sometida tras o ultimo enxamio sismico que sufriu Granada só detectou no monumento máis visitado de España danos menores.

"Vemos algúns pequenos danos nas ornamentacións. Pero é moi curioso porque están precisamente nas intervencións máis recentes, as que se fixeron no século XX", afirma Ruíz-Jiménez.

 Fora do monumento nazarí, noutras zonas de Granada, continúan os traballos para asegurar os desperfectos en varios edificios. 600 veciños continúan desaloxados. O regreso ás súas casas está pendente de que os informes técnicos confirmen que o poden facer con seguridade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade