Cargando resultados...
Extinguido o incendio forestal de Ponteareas tras arder máis de 76 hectáreas
Ademais dos medios terrestres mobilizáronse nove helicópteros e catro avións
G24.gal
20/08/2026 20:54
O incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira, quedou extinguido ás 19.16 horas deste xoves tras queimar 76,25 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural.
Para a súa extinción mobilizáronse 7 técnicos, 27 axentes, 41 brigadas, 33 motobombas, 3 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 4 avións.