Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado en helicóptero un neno de oito anos desde a illa de Ons

Evacuado en helicóptero un neno de oito anos desde a illa de Ons

O menor foi trasladado de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acompañado pola súa nai 

G24.gal 19/08/2026 18:43

Un neno de oito anos, natural de Bilbao, tivo que ser evacuado este mércores de urxencia en helicóptero desde a illa de Ons. 

Nun primeiro momento, o menor foi atendido polo serivzo sanitario do Parque Nacional das Illas Atlánticas e, tras recibir indicación directa do 061 Galicia, activouse o operativo para o seu traslado.

O helicóptero Pesca I dos Gardacostas de Galicia encargouse da evacuación e trasladou o neno, acompañado pola súa nai, ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade