Desaloxan varias urbanizacións e vivendas por un incendio en Madrid
O lume obrigou a activar a Situación Operativa 2 do Plan INFOMA e mobiliza 22 medios terrestres e nove aéreos
EFE
Varias urbanizacións e vivendas foron desaloxadas este mércores en Aldea del Fresno (Madrid) pola proximidade das lapas do incencio declarado arredor das 14:30 horas.
En concreto, foron evacuadas as urbanización de Palomeque, Manga de la Pedrera e Carbajo, así como varias vivendas de urbanización María Elena. O veciño do municipio de Villamantilla, que inicialmente fora confinado xunto con Aldea del Fresno, xa non permanece confinado, aínda que os seus habitantes non poden desprazarse cara á localidade afectada.
O incendio orixinouse arredor do quilometro 52 da estrada M-510 e a evolución do lume, condicionada polo forte vento, levou a activar a Situación Operativa 2 do Plan INFOMA.
No operativo participan efecivos dos Bombeiros da Comunidade de Madrid, Bomeiros Forestais, a UME e axentes forestais, cun dispositivo formado por 22 dotacións terrestres e nove medios aéreos. Ademais, unidades da UME de León incoporáronse aos traballos de extincións.
A Delegación do Goberno en Madrid pediu á poboación que evite desprazarse á zona afectada e que siga en todo momento as indicaciós dos servizos de emerxencia.