Que facer esta fin de semana en Galicia?
Ferrol e Viveiro concentran algunha das citas máis destacadas, con festas, música, deporte e gastronomía por toda Galicia
A cuarta fin de semana de agosto chega con propostas para todos os gustos. As festas, as celebracións gastronómicas e as citas deportivas repártense por distintos puntos da comunidade, con Ferrol como un dos principais focos de actividade e a Romaría do Naseiro como outra das grandes citas.
Ferrol concentra varias propostas
Festas de verán (21 ao 31 de agosto, praza de Armas): as festas da cidade comezan este venres con lectura do pregón, a cargo de Sofía Hernández e Antía Barona, e o concerto de Cadena 100 con Fangoria, Bombai e Yoli Saa. A programación cotinuará durante os próximos días con artistas como Leire Martínez, Vanesa Martín, Danny Romero e Celtas Cortos, entre outros.
Rally de Ferrol (21 ao 23 de agosto, Ferrolterra): a comarca acolle unha nova edición do Rally de Ferrol, unha das principais citas do motor do calendario galego.
ABANCA Pantín Classic Galicia Pro (22 ao 30 agosto, Valdoviño): a praia de Pantín volve ser escenario dunha nova edición do Pantín Classic, unha das competicións de surf máis destacadas de España.
Festas e celebracións
Romaría do Naseiro (21 ao 26 agosto, Viveiro): o val do Naseiro acolle durante seis días unha das celebracións máis populares do verán da Mariña. A programación combina gastronomía, música, verbenas, sesións vermu e actividads para toda a familia.
Carnaval de verán (22 de agosto, Redondela): Redondela recrpera unha das súas celebracións máis singulares do verán cunha xornada marcada polos disfraces, a música e o ambiente festivo.
Música e festivais
Festival Irmandiño (21 ao 23 de agosto, Moeche): o castelo de Moeche covértese no escenario do Festival Irmandiño, que mestura hostoria, tradición e música.
Río Verbena Fest (21 e 22 agosto, Pontevedra): a música será protagonista en Pontevedra cunha nova edición do Río Verbena Fest, que reunirá diferentes propostas musicais durante dúas xornadas.
Gastronomía
Festa da Empanada da Bandeira (20 ao 23 de agosto, Silleda): A Bandeira celebra unha nova edición da súa festa gastronómica dedicada a un dos produtos máis característicos da gastronomía galega.
Queimada Popular (22 de agosto, Cervo): a localidade lucense celebra a súa tradicional Queimada Popular, unha cita que combina gastronomía, tradición e festa.
Tradición
Folión de Carros (23 de agosto, Chantada): Chantada recupera unha das súas tradicións máis características coa celebración do Folión de Carros, no que os carros e a cultura popular son os protagonistas.
Festa da Malla Tradicional (22 agosto, Lalín): a localidade pontevedresa lembra os antigos traballos do campo cunha xornada dedicada á malla tradicional, acompañada de actividades e ambiente festivo.