Publicador de contidos

Publicador de contidos

O globo de Betanzos volve voar e eleva ao ceo o Mundial gañado por España

O globo de Betanzos volve voar e eleva ao ceo o Mundial gañado por España

O triunfo da selección española no Campionato do Mundo de Fútbol foi unha das temáticas incluídas nos dezaseis cuarteiróns do aerostato

Cos seus 25 metros de alto e 50 de circunferencia o globo elevouse na noite de Betanzos pouco antes da unha da madrugada

Momento do lanzamento do globo de Betanzos este domingo na praza García Hermanos (EFE/Moncho Fuentes) Momento do lanzamento do globo de Betanzos este domingo na praza García Hermanos (EFE/Moncho Fuentes)
G24.gal 17/08/2026 08:09

O globo de Betanzos, que presume de ser o aeróstato de papel máis grande do mundo, volveu elevarse este domingo ao ceo cargado de crítica nos seus dezaseis cuarteiróns, e que, como non podía ser doutro xeito, tamén inclucía o Mundial de fútbol masculino gañado por España este pasado xudllo.

Na 151 edición do voo deste globo, unhas 50.000 persoas viron como partía da praza García Hermanos coa copa do Mundo levantada polo centrocampista Rodri Hernández xunto ao texto: "Entón... as Malvinas son españolas?".

Noutra das caricaturas un pequeno Donald Trump sitúabase ao dun xigante Marc Cucurella, o lateral español convertido en foguete para alcanzar a segunda estrela.

A cinco minutos para a 1 da madrugada, tras máis dunha hora de inflado con lume, o globo iniciou o seu voo.

A elaboración do aeróstato conserva técnicas artesanais, cunha cola feita a base de fariña de centeo macho cocida con auga.

O lanzamento do globo de Betanzos é o acto central das festas de San Roque e unha das tradicións máis emblemáticas desta localidade coruñesa.

Remóntase a 1875, cando o albardeiro Claudino Pita decidiu homenaxear ao santo construíndo un globo de papel.

O aeróstato de papel máis grande do mundo mide uns 25 metros de alto, 50 de circunferencia e fabrícase artesanalmente con ao redor de 160 quilos de papel distribuídos en 16 cuarteiróns.

A familia Pita (agora a través da Fundación Globo de Betanzos, que inclúe ao Concello) foi a encargada histórica de manter a tradición, excepto en contadas ocasións, principalmente durante a Guerra Civil e, máis recentemente, en 2020 e 2021 pola pandemia, ademais do 2023, e con certa polémica tras a constitución da fundación que organiza o lanzamento, cando non chegou a fabricarse a tempo.

Antes de lanzar o globo, as festas de San Roque incluíron a centenaria ofrenda, en que a alcaldesa, María Barral, pediu pola paz e recordou os problemas de mozos e maiores, das mulleres vítimas de violencia, das persoas enfermas e de dificultades como o acceso á vivenda ou a soidade non desexada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar